Merdeiros [GAL]
20 february 2024 22:56


MERDEIROS


Cigarróns, peliqueiros, pantallas, xenerais, osos, boteiros, mázcaras... Os personaxes do Entroido en Galicia son moitos e moi moi variados, tendo cada un o seu lugar e orixe propio.

No día de hoxe, e co Entroido xa máis que rematado, veñovos falar dunha figura tipica da festividade en Vigo, que nos últimos lustros está a recuperar a súa presenza na cidade.

A razón da súa desaparición durante moito tempo estivo nunhas ordeanzas municipais en 1920, que prohibiron a figura. A desaparición sería absoluta, de non ser por descripcións e debuxos dalgúns autores daquela época, a partir das cales recuperouse.


Esta figura era usada polo mariñeiros do Berbés, como burla (sempre houbo certo pique) cara os labregos, e en especial dos escabicheiros, os cales eran campesiños das bisbarras, que ían ata Vigo en busca de cabezas de peixes e a vaciar os pozos negros, pra usar os restos pra estercar os campos e veigas.

Con motivo do Entroido os mariñeiros vestían con roupa típica dos escabicheiros e portar algúns dos aperos e elementos típicos destes. Unha vez enfundados cos traxes e as máscaras recorrían as rúas do casco vello, incordiando, asustando e perseguindo a xente, indo en solitario ou en pequenos grupos.

En orixe incluso levaban consigo restos de peixe, que lanzaban a xente. Actualmente levan algo de fariña, ou outras cousas que "molesten un pouco, pero que non fagan dano".

Actualmente, e tras traballo de diferentes organizacións, dende fai uns anos forman parte do programa oficial do Concello

Sen máis que dicirvos despidome. Agardo que vos gustase o artigo. Deica outra!


Author: [ʙᴏᴏᴍ] MrCroque
[PNM] Dumas Flavour
21 february 2024 10:38
de locos